Saltar ao contido principal

Mutabal (que non é Baba ganoush)


Empecei hai tempo esta receta con "O baba ganoush é aparentemente similar ó hummus...". Pois vale, non era. Esto é unha receta de Mutabal. O baba ganoush non leva tahini.

Así que o mutabal é similar ó hummus (a miña receta aquí), pero cambiando o ingrediente básico do hummus (garavanzos) por berenxenas. O máis orixinal non usa forno, queiman a berenxena directamente encima do lume (en cociña de gas, por exemplo). Disque lle da un toque afumado ou queimado que é interesante. Eu non teño cociña de gas, así que foi ó forno.
 

INGREDIENTES

  • 2 Berenxenas
  • 2-3 chulleradas sopeiras de Tahine (non está na foto dos ingredientes, pero é fundamental)
  • Varios dentes de allo (según gustos)
  • Limón (para relar pel e algo de zume)
  • 1 cullerada de postre de sal
  • 1/2 cullerada de postre de comino
  • Aceite de oliva (1-2 culleradas)

 

TEMPO

Unha hora ou así  para facelo, logo recomendan meter na neveira un par de horas máis.

PROCESO

Empeza por encender o forno para telo prequentado a 200 grados.

Corta o rabiño das berenxenas, córtaas ó largo e pincha co tenedor (na pel tamén) como se ve na foto. Ponlles sal e deixa repousar 10 minutos. Isto é para que perdan o seu amargor.


Corta a puntiña dos allos (eu usei 3 dentes porque eran bastante grandes, ti según che guste o allo) e ponos en papel de aluminio cunha gotiña de aceite.

Despois de 10 minutos, lava as berenxenas e sécaas. Ponas nunha fonte cun pouco de sal e un chorriño de aceite. Pon tamén os allos ben envoltos no papel de aluminio.

Deixa o forno a 200ºC durante uns 45 minutos. Cando pasou ese tempo, eu deixei a fonte dentro co forno apagado. 

En calquera caso, para manipular, hai que esperar a que estea o material morno ou frío. Este é o aspecto que tiña cando o saquei eu. Vese a pel dunha berenxena (non se nota nada porque é moi oscura) e as outras están ben cociñadas. Din que debe ter un toque de "queimado", pero eu non cheguei a tanto. Os allos estaban blandiños, para "pisar" co tenedor e facer un puré.



Aquí está a foto da tahina ou tahine (pasta de sésamo tostado) xunto coa carne das berenxenas.

Hai quen mete a carne de berenxena nunha batidora, e hai quen non. Eu collín un coitelo grande e piqueina bastante, pero non usei batidora.

Tamén din que hai que escurrir cun coador a carne da berenxena. Eu fíxeno, pero soltou moi pouca auga. Engadín o resto dos ingredientes:  3 culleradas de tahine, un pouco de reladura de limón e o zumo de medio, unha culleradiña de sal e media de cominos, e un par de culleradas de aceite de oliva.

Só queda revolver.

E poñer nun cazolo "máis fino" :-) e meter na neveira polo menos 2 horas.


 Normalmente cómese con pan pita ou verduras. Eu optei polas verduras.

Tamén lle engadín outro pouco de aceite de oliva, e algo de merkén (un pimentón picante afumado que trouxen de Chile). Quedou así. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...