Saltar ao contido principal

Falafel


O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama.

INGREDIENTES

  • Garavanzos (uns 350 g na foto)
  • Perexil
  • Cilantro
  • Eneldo
  • Allo (2 dentes aprox)
  • Media ceboleta grande
  • Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa.
  • Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto) 


TEMPO

 Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir.

PROCESO

O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.
 
Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben.


Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasiados para poñer todo xunto... fixen varias paradas para revolver cunha culler.

Despois engadín as especias, e volvín a picar para mesturar todo.

Pasei a mestura a unha ensaladeira e acabei de mesturar ben as especias, que na picadora non mesturaba ben. Logo gardeino na neveira para que repousase un cacho (e realmente deixeino ata o día seguinte).
Intentei facer as croquetas así, pero non se me aguantaban, quizás porque estaba todo demasiado húmido. Así que engadín fariña de garavanzo ata que estaba algo máis seca a masa, e xa podía formar croquetas.
E así si que puiden facer as croquetas.
Coa cantidade que fixen deu para 23 croquetas grandes. A forma é como un cilindro chato. Nun vídeo vin que hai cacharros especiais para facelas, ou incluso usar como molde a parte dunha cafeteira italiana onde se pon o café. Eu fíxenas á mau.
Para fritir, o aceite ten que cubrir as croquetas. 
Non medín o tempo que as fritín. Simplemente, que queden douradas como na foto. Iso si, sen poñer o lume a tope, porque se non dóurase por fora e queda o de dentro completamente crudo. Tampouco é que se vaia cociñar moito, pero algo venlle ben. Púxenas sobre un papel absorbente.

E para acabar, a foto final. Abrín un dos falafeles para que se vexa como queda por dentro. Non están mal, pero son moi, moi secos. Unha salsa de iogur para acompañar viría ben..

En algún sitio vin que usaban tamén semente de sésamo na mestura, tamén algo de levadura seca, e un par de clavos machacados no morteiro. Eu non usei nada diso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...