Saltar ao contido principal

Mexillóns á buzara

 
Receita croata de mexillóns en salsa. É unha das múltiples variantes que vin en varios vídeos. Algunha outra dixéronme que só levaba aceite, allo, perexil e pan relado... supoño que tamén viño. Pero en internet vin máis de media ducia de variacións, así que non sei se isto é "correcto". Tampouco me preocupa.

INGREDIENTES

  • 1 Kg de mexillóns
  • Un tomate maduro, relado.
  • Unha ceboleta, relada
  • Allo: eu usei como medio chupito de allo picado que teño en aceite
  • Perexil. Seco porque non tiña do fresco, unha lástima.
  • Un vaso de viño branco
 
 

TEMPO

 20 minutos escasos.

PROCESO

Empezamos por limpar os mexillóns e cocelos. Eu non collo un coitelo para rascar as cascas e deixalas limpísimas, paréceme unha bobada. Están limpos, pois xa. Menos estéticos? Que ben.

Para cocelos eu puxen un dedo de viño branco no fondo da pota, e cocín ata que estiveron abertos. Logo escurrinos (gardei a auga e conxeleina, que para un arroz vai bárbara).

Para a salsa: empezamos porpoñer un pouco de aceite na tarteira e poñer o allo e a cebola a pochar cun pouquiño de sal, a lume medio.

 Cando está a medias, engadimos o tomate e o perexil.


E, pasados 3 ou 4 minutos engadimos o viño e os mexillóns. Subín un pouco o lume para que evaporara o viño.

 

En algún momento decidín que a salsa estaba moi líquida, así que botei unha cullerada de pan relado e deixeino un par de minutos ó lume.

E xa está. Non estaban mal, pero como a min os mexillóns me gustan xa abertos ó vapor sen nada máis, pois tampouco lle din moito aprecio.



 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...