Saltar ao contido principal

Flan de ovos (microondas)

 

Xa teño no blog outra receta de flan, feito ó forno, pero tiña curiosidade. Tiña vistos varios vídeos en youtube de como facelo ó microondas, en moi pouco tempo (ó forno levoume unha hora de forno aprox), así que probei. Con menos cantidade, por se acaso, pero o resultado foi sorprendendentemente bo.

Os ingredientes e proceso, ata metelo no microondas, son similares á outra receta. O caramelo na tixela fixeno igual tamén.

INGREDIENTES

  • 2 ovos
  • 2 cucharadas sopeiras de azúcar (máis unha para o caramelo)
  • un vaso de leite (25 cc aprox.)


TEMPO

Para facelo poñamos uns 20 minutos escasos (da primeira foto á última no meu caso foron 17), pero logo ten que enfriar na neveira.

PROCESO


 Batemos os ovos co azúcar.


Engadimos o leite, e batemos de novo ata que quede homoxéneo.


O "mejunje" xa está. Agora facemos o caramelo. Botamos a chucarada de azúcar na tixela, e unhas gotiñas (poucas) de limón.


Sen mover deixamos que derrita o azúcar. Cando estea oscuro, como na foto, xa está.


Botamos o caramelo nunha flaneira ou outro recipiente apto para microondas. Eu usei unha cunca normaliña. 

A que o caramelo así negro parece chapapote? Pois con ese color queda cun toque algo amargo, que é o que na miña opinión debe ter. Máis marronuzco queda moi líquido e case non se nota.


Botamos encima o mejunje de ovos, azúcar e leite.


Poñémolo no microondas, tapado, 5 minutos a un 80% de potencia (eso fíxeno eu nun microondas que é de 700W)


Ós 5 minutos sácase, déixase que atempere 2 minutos, e métese a punta dun coitelo para ver se está. Se sae limpo (ou case limpo) xa está.

Se non está, podemos repetir o proceso no microondas, con intervalos de 2 minutos, ou 1, ou 30 segundos. 

A min para esta cantidade non me fixo falta repetir o proceso, pero cando probei con 7 ovos, 7 cucharadas de azúcar e medio litro de leite, ó sacalo despois dos primeiros 5 minutos aínda estaba líquido. Tiven que poñelo outros 2, e outros 2, e outros 2, para que saíse ben.


Antes de consumilo hai que deixalo enfriar na neveira. Se está templado podes volcalo xa nun prato, pero é preferible facelo cando estea frío. non teñas medo que se pegue á cunca, está solto de todo.

Unha vez que o volquei no prato, tiña esta pinta. E estaba moi bo, con ese caramelo un pelín amargo!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...