Saltar ao contido principal

Guiso de pito

O guiso este fíxeno cunha zanca, anque se se fai co cuarto dianteiro (con ala, pescozo, etc.) tamén está moi bo, anque a peituga é algo seca. E vai guiso estilo miña mai, con prebe, non seco.

INGREDIENTES

  • Unha zanca de pito 
  • 2 patacas medianas
  • Unha ou 2 cenorias
  • Un tomate carnoso (tomate pera, por exemplo)
  • Unha Cebola
  • Allo (2 dentes chegan)
  • Guisantes (ó gusto, e poden ser frescos, conxelados, ou de bote)
  • Aceite, sal, viño, pementa...

TEMPO

50 minutos (mirando o tempo entre as fotos)

PROCESO

Para preparar todo xunto: troceamos o pito (a macheta que se ve na foto anterior funcionou de medo!), e salpimentámolo. 
Pelamos e picamos as patacas, a cenoria e a cebola. Pelamos e laminamos o allo, e picamos o tomate (hai quen o pela, eu non o fixen).

Que foto máis cojonuda queda con todo arreglado :)


Poñemos a dourar os allos nun pouco de aceite. Para estas couas unha pota de aceiro funciona moi ben.


Despois imos botando a cebola e a cenoria para pochar. Deixamos fritir un pouco directamente, e logo botamos un pouco de sal, a lume medio.


Logo, botamos o pito.


Dourámolo un pouco-bastante. Botamos un bo chorro de viño branco (tinto tamén vale, o que pasa é que queda todo de color máis oscuro) e deixamos que levante unha fervedura para que evapore o alcol.



Botamos os guisantes e as patacas picadas.


Deixamos que coza así un pouco (un par de minutos) e amecemos auga ata que cubra as patacas.


Poñemos o lume a tope ata que levante unha fervedura, e logo a lume medio-alto (digamos que na miña cociña estaba no 4 de 6) deixamos que coza todo, tapado.

Tras 20 minutos, xa está. Este é o aspecto na pota.


E este o aspecto no prato. Estaba moi bo. Con dicir que ía asalo, pero a temperatura do día fíxome cambiar de opinión para ter algo con líquido quente... Claro que o pito era dos criados na casa, e iso axuda moooooooooito :)

Bon apetit. Probádeo, é unha forma diferente pero moi boa!


Comentarios

  1. pois sí,parece ben apetitoso nun dia frio como o de hoxe,,eu ademais poñolle pementos vermellos e verdes cando a cebola...tamen me gusta mais a zanca ou a pechuga..pero tes razon..con polo de verdá esta moitisimo mais rico... .....
    Espero con ansia a receta do menu de noiteboa, que seica che toca cociñar(dixo Oscar)..
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. A sopa de pescado/marisco fágoa eu normalmente, si. Xa fixen unha este venres, pero co apuro non saquei ningunha foto.

    E ameixas á mariñeira para fin de ano, moi probables tamén.

    Se me acordo das fotos, subirei algunha delas, claro!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...