Saltar ao contido principal

Tortitas ("pancakes")

Toca modo Yankee. Se non, que non me preguntara meu irmau como se fan estas centellas. Eu mirei nun par de vídeos e fixen unha mezcla de recetas.

INGREDIENTES

Esto deu para 3 tortiñas, máis que de sobra para unha persoa.
  • 1 ovo
  • 1 cucharada de azúcar (eu usei 2 sobres)
  • 1 pizca de sal
  • 2 cucharadas de aceite
  • 1/2 vaso leite
  • 1 vaso fariña
  • 1/2 sobre royal
  • (dicen que) un pouco de esencia de vainilla. Eu non tiña, así que non leva.

TEMPO

Uns 20 minutos mais ou menos

PROCESO

Mezclamos todos os ingredientes no vaso da batidora, ou nunha pota, ou onde queiras.

Batemos. A consistencia ten que quedar máis gorda que a masa das filloas. Algo como grumoso, para que non se aplaste de todo. Eu tuven que botar unha cucharada máis de fariña.


Poñemos unha tixela ó lume medio-alto, eu puxen en 5/6 da miña vitro.
Non poñemos nada de grasa, aceite, margarina, nin nada de nada. A tixela ten que ser antiadherente. 

Botamos un garfelado do "engrudo". Como se ve na foto, non queda aplastada de todo.


Deixamos uns minutos, ata que empecen a verse algunhas burbullas. Despois depende do "tostadas" que che gusten. Nun par de minutos aproximadamente debería estar.

Dámoslle a volta, e outro minuto ou dous.


E poñemos no plato, facemos un café, e papamos, que para eso se fixo. Hai quen lles bota mel, ou sirope de arce, ou de chocolate. Eu non tiña deso (falta fai), así que foi a pau seco co café.


Esta foto é para ver a consistencia polo medio da torta. Que non asuste o color mouro das tortas de abaixo, aínda que está torrado non sabe a queimado. Quedar, non quedou ningunha.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Guiso de mellixóns con brócoli e patacas

Unha maneira distinta de comer mexillóns, que non sexa con patacas fritas como os belgas, pero tampouco ó vapor (que están moi bos, pero fai falta un quintal deles para cenar algo). Ademais, "os meus amigos do brócoli" igual entran ó trapo ... ou non.  En fin, aquí queda, manchei potas de máis, pero creo que valeu a pena. INGREDIENTES Para unhas 4-6 racións, depende dos comensais. O pemento e a salsa de tomate son opcionais, pero quedan moi ben (foron ideas a posteriori, así que non van na foto) 2 Kg de mexillóns Un brócoli de 1/2 Kg ou así (a ollo) Un par de patacas 2 dentes de allo media cebola Pemento verde ou colorado 3 ou 4 cucharadas de salsa de tomate.     TEMPO  Uns 45 minutos aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar e picar as patacas, e picar o brócoli. Por certo, que o toco pelado tamén sirve, e ten un sabor máis suave que os "arbolitos". Cocémolos (en auga ou ó vapor, como se queira) pero de forma que quede...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...