Saltar ao contido principal

Guiso de chipiróns con repolo

Non as tiña todas eu conmigo antes de empezar a facer esta comida... parecíameunha mezcla un pouco rara, pero saliu bastante ben. E como tiña os chipiróns e o repolo, pois probei.

INGREDIENTES

Con estas medidas comemos 2 e sobrou pa cena :)
  • 1/2 Kg de chipiróns
  • 2 dentes de allo
  • media cebola
  • medio repolo pequeno
  • Aceite, sal, pimenta e auga.

TEMPO

Pouco máis de media hora (xa tiña os chipis limpos)

PROCESO 

Limpar os chipiróns (eu xa o fixera onte), pelar a pataca, a cebola e os allos e picar. Os allos en láminas, a cebola e o repolo en xuliana, e as patacas "cascadas". Así xa temos todo preparado para ir botando.


Empezamos por poñer unha pota con aceite ó lume, e dourar os allos.


Cando estean algo dourados, botamos os chipiróns. Déixanse un minuto máis ou menos, e retíranse os chipiróns e o allo (un minutos, si, dos de 60 segundos máis ou menos). Como se ve na foto, queda o aceite coa auga que soltan os chipiróns, que é bastante, e dará algo de sabor ás verduras.


Botamos as patacas e a cebola na pota, e deixamos que se medio cozan medio pochen (aceite con auga...) durante un par de minutos.


Engadimos o repolo e revolvemos. Botamos sal e pimenta se nos gusta. Tamén foi agora cando salpimentei os chipiróns.


Botamos auga (un pouco menos que para cubrir as verduras). Tapamos e deixamos que coza uns 15 minutos (eu revolvía de vez en cando). Pasado ese tempo, volvemos a incorporar os chipiróns. Revolvemos e deixamos que siga cocendo uns 5 minutos.


Apagamos o lume, e xa está. Eu deixeinos repousando uns minutos, e penso que lle fai ben. Así quedaba na pota.


E así quedaba no plato... ata que me encarguei eu deles ;)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Lombo curado

Unha de charcutería. Igual me gusta máis do que debería, pero o que non me gusta habitualmente é o prezo do fiambre bo, e o lomo está habitualmente caro (e o solomillo máis, así que haberá que probar esta receta con solomillo tamén). E o non saber que lle botan, claro. INGREDIENTES Lombo de cocho. No meu caso, 1 Kg Sal gorda. Non pesei, pero sería 1 Kg tamén. Especias: pementón de la Vera, allo en polvo e pementa negra en polvo. 1 cullerada sopeira de cada. Xa sei que na foto saen "5 pimientas", pero ó final botei da negra. TEMPO Ata que quede currado, uns 21 días. Traballo a facer: 2 ou 3 minutos o primeiro día, 10 o segundo, e darlle a volta cada día levará 2 segundos. PROCESO Colle unha fiambreira algo máis grande que o lombo, pero non demasiado. Pon  un par de cm de sal no fondo, pon encima o lombo, e tapa con sal, asegurándote de que toda a carne queda cuberta. Méteo na nevera para que pase un día. Por certo, eu non saquei nada da graxa que tiña o lombo.Todo máis, se can...