Saltar ao contido principal

Publicacións

Xarrete (osobuco) ó viño branco

Case sempre que compro xarrete eu cózoo, porque me gusta así e aproveito a auga de cocer como consomé. Pero este tiña tan boa pinta para asar que non me resistín. Facer un só seguindo esta receta, para unha persoa (sobra a metade) creo que é un pouco perder o tempo, pero tampouco vou dicir que estaba malo. Facer catro xuntos para máis xente leva o mesmo traballo e igual incluso sabe mellor. Por certo, que eu usei viño branco porque as salsas feitas con viño tinto a min fánseme normalmente demasiado fortes. INGREDIENTES Un pedazo de xarrete ou osobuco. O meu pesaba medio kilo aproximadamente. Verduras ó gusto. Eu usei allos, cebola, ceboleta, champiñóns portobello, pemento colorado e cenorias. Acompañeino con puré de patacas, que levaba pataca e algo de leite para poñelo máis meloso, e algo de perexil (non saen na foto). TEMPO Unha hora ou hora e cuarto (ola exprés). PROCESO Primeiro salpementamos a carne e picamos as verduras (eu aproveitei xa a foto previa).  Despois cubrimos o fo...

Postre de cacao

Atrevinme cun postre máis! A receta está basada neste vídeo, pero aquí é con café en vez de cacao:  https://www.youtube.com/watch?v=9MWwwpOEld8   Non quedou demasiado doce, que era o que quería eu, pero para postre probablemente un 50% máis de azucre igual lle viña ben. INGREDIENTES 400 g de leite (serán 400 cl aprox., pero eu pesei todo) 40 g de cacao en polvo (sen azucre) 20 g de azucre  20 g de maicena TEMPO De traballo, 3 ou 4 minutos. Despois hai que deixarlle enfriar algo e logo metelo na nevera 1 ou 2 horas. PROCESO Mesturamos todo. Poñémolo nun cazo ó lume, a potencia media. Hai que revolver bastante frecuentemente, porque se agarra ó fondo do cazo. En 3 ou 4 minutos xa espesou. Eu deixeino atemperar un pouco no cazo, porque non tiña claro que non reventaran os vasos se o botaba xa. Pasámolo a uns vasos. Esperamos uns minutos a que enfríen un pouco máis, e metémolos na nevera. E este é o resultado final. Creo que se tivese nata para montar, viríalle ben por encima...

Lombo curado

Unha de charcutería. Igual me gusta máis do que debería, pero o que non me gusta habitualmente é o prezo do fiambre bo, e o lomo está habitualmente caro (e o solomillo máis, así que haberá que probar esta receta con solomillo tamén). E o non saber que lle botan, claro. INGREDIENTES Lombo de cocho. No meu caso, 1 Kg Sal gorda. Non pesei, pero sería 1 Kg tamén. Especias: pementón de la Vera, allo en polvo e pementa negra en polvo. 1 cullerada sopeira de cada. Xa sei que na foto saen "5 pimientas", pero ó final botei da negra. TEMPO Ata que quede currado, uns 21 días. Traballo a facer: 2 ou 3 minutos o primeiro día, 10 o segundo, e darlle a volta cada día levará 2 segundos. PROCESO Colle unha fiambreira algo máis grande que o lombo, pero non demasiado. Pon  un par de cm de sal no fondo, pon encima o lombo, e tapa con sal, asegurándote de que toda a carne queda cuberta. Méteo na nevera para que pase un día. Por certo, eu non saquei nada da graxa que tiña o lombo.Todo máis, se can...

Tortas de lentellas coloradas

Fixen esta receta porque a vin nun vídeo deses "só cun ingrediente..." que pensei que sería outra tomadura de pelo, pero non. Vaia, auga fai falta, e eu usei algo de sal e un pouco de aceite para fritir, pero o que prima son as lentellas.  Non creo que sirvan as normais. A receta que eu vin, e como as fixen, son unhas lentellas coloradas (eu creo que as atopei en Alcampo) que son bastante pequenas (máis pequenas que as pardinas) e parecen estar peladas. INGREDIENTES Lentellas coloradas. Auga para poñer a remollo Unha pizca de sal Aceite para ir "planchando" as tortas. TEMPO Aparte do remollo, eu diría que uns 5-6 minutos ou así por torta, pero non o calculei. Eu tardei unha hora máis ou menos en facer unhas 12. PROCESO Hai que poñer as lentellas a remollo unhas 8 horas. Eu deixeinas toda a noite. Como se ve nas fotos, aumentan o tamaño ó hidratarse. Pasámolas a un vaso batidor (ou batidora normal se non o tés). Aquí podes aproveitar a engadir un pouco de sal (opcion...