Saltar ao contido principal

Panpizza rápida

Esta é unha receta rápida de panpizza. É como unha pizza, pero en vez de facer unha base con masa utilizamos pan.

INGREDIENTES

  • Unha chapata
  • Aceite de oliva
  • Salsa de tomate
  • Queixo
  • Xamón (tamén sirve panceta  e/ou chourizo)
  • Orégano

PREPARACIÓN

Cortamos a chapata como se fósemos facer un bocadillo. Xa podemos ir facendo toda a montaxe na bandexa que vai ir ó forno. É moi recomendable usar un papel de fornear e non poñer o pan directamente sobre a placa (deste xeito sae máis crocante).

Poñemos un pouco de aceite de oliva
 Cubrimos con salsa de tomate
 Relamos queixo abundante encima (non recordo que queixo era, pero con queixos como o parmesano sae ben potente de sabor)
 Poñemos o xamón e/ou panceta e/ou chourizo encima. Aquí os ingredientes poden variar o que queiramos. Se queres marisco, ou se queres piña (eu non!) tamén podes usalo.

Remata poñendo orégano. Se non cheira a orégano, non é pizza ;)
 Gratina no forno durante uns 10 minutos aproximadamente. Podes ir mirando que tal queda para non churruscar demasiado o asunto.

 Corta, sirve, e come. Esta parte non é complicada, pero non te queimes!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Guiso de mellixóns con brócoli e patacas

Unha maneira distinta de comer mexillóns, que non sexa con patacas fritas como os belgas, pero tampouco ó vapor (que están moi bos, pero fai falta un quintal deles para cenar algo). Ademais, "os meus amigos do brócoli" igual entran ó trapo ... ou non.  En fin, aquí queda, manchei potas de máis, pero creo que valeu a pena. INGREDIENTES Para unhas 4-6 racións, depende dos comensais. O pemento e a salsa de tomate son opcionais, pero quedan moi ben (foron ideas a posteriori, así que non van na foto) 2 Kg de mexillóns Un brócoli de 1/2 Kg ou así (a ollo) Un par de patacas 2 dentes de allo media cebola Pemento verde ou colorado 3 ou 4 cucharadas de salsa de tomate.     TEMPO  Uns 45 minutos aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar e picar as patacas, e picar o brócoli. Por certo, que o toco pelado tamén sirve, e ten un sabor máis suave que os "arbolitos". Cocémolos (en auga ou ó vapor, como se queira) pero de forma que quede...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...