Saltar ao contido principal

Gambas ó allo con espagueti de calabacín


Receta fácil e rápida se tes con que relar os calabacíns para facer os espaguetis. A min saírone máis ben uns medio macarróns, porque usei o accesorio de relar da batidora, pero tiven que cortar ó medio o calabacín e así non saen espaguetis algo longos.

INGREDIENTES

  • Gambas, uns 200 gr. Eu usei das conxeladas
  • 2 dentes de allo
  • Unha guindilla
  • Orégano (igual podía omitirse, ou engadir outras especias
  • Tamén usei (non sae na foto) unha pizca de pemento doce e un pouco de queixo relado.

TEMPO

Media hora máis ou menos

PROCESO

Relamos o calabacín e fileteamos o allo. Aquí hai varios métodos: co coitelo (levaría máis tempo, e ó mellor sae máis gordo), con accesorio relador (o que fixen eu, e como dixen ó non coller ben o calabacín tiven que cortalo ó medio lonxitudinalmente, e saíron cachos cortos), co pelador de patacas (sae máis ben fetuchini ☺) ou con accesorios especiais como un espiralizador, que parece un afilalápices onde metes o calabacín e saen espaguetis largos). Cada un que use o que prefira.


Poñemos a tixela ó lume, un pouco de aceite, e a dourar os allos coa guindilla.


Cando estean dourados, poñemos as gambas. Como as miñas eran conxeladas, paseinas por auga para medio desconxelalas antes. Sabería mellor se fosen frescas e grandes, supoño.
 Aquí puxen un pouco de pemento doce (media cucachiña do café ou así) mentras se facían as gambas, que soltaron algo de auga. Retirei un pouco da auga, non toda. Debin ter as gambas 5-6 minutos cociñando. Despois, botei o calabacín, dinlle unha volta e apaguei o lume (deixei a cazola encima da vitrocerámica, que conserva calor). Aproveitei para botarlle un pouco de queixo relado e revolver outro pouco.


E despois duns 2-3 minutos, non máis, para o prato. Teño que dicir que a min non me gusta a comida demasiado feita, así que para outros igual fai falta un pouco máis de tempo, ou non apagar tan axiña o lume.

O resultado final no prato foi este. Non está mal, e é algo diferente. Repetirei.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...