Saltar ao contido principal

Publicacións

Paté de polbo

Experimentos... sobroume un pouco de polbo cocido, e engadindo unhas cousiñas saiu un paté medio xeitoso. INGREDIENTES Polbo cocido, no meu caso uns 250 g Un ovo cocido Un iogur natural. Se tivese estilo grego teríao usado Especias: media cullerada de postre de sal, de ourego, de tomillo e algo máis de cúrcuma, e un chisco de allo moído Os bochos (a cabeza) do polbo tamén é polbo! Hai que limpala con xeito, pero vai polo medio. TEMPO Montar o paté serán cinco minutos. Se hai que cocer o ovo serán 11, se hai que cocer o pulpo serían uns 20 de cocción e outros 20 de repouso. PROCESO Complicado... Cortar o polbo e o ovo en cachos, meter todos os ingredientes na batidora, e darlle ferro! E pode meterse nunha fiambreira e para a nevera. Ou pode tostarse un pouco de pan, poñer uns adornos para a foto e logo comelo. Estaba bo!    

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Ensalada de cochayuyo

Outro invento, de orixe chileno. O cochayuyo ( Durvillaea antárctica ) é unha alga do pacífico que parece ser que se come habitualmente en Chile (aínda que eu non o vin en ningunha carta de restaurantes). Véndese nunha especie de mollos deshidratados que pesan moi pouco (cento e pico gramos) que hai que hidratar e cocer, e úsase habitualmente en ensaladas, ceviches e  cazuelas , entre outras recetas.  Ten moi pouco sabor (sobre todo se o coces sin sal) e unha textura medio xelatinosa e algo similar á punta da orella de cocho cocida, algo triscante (depende do que o cozas, claro). O máis difícil da receta igual foi conseguir o cochayuyo. Eu aproveitei unha viaxe a Chile ☺. INGREDIENTES Cochayuyo, claro. Eu usei como un cuarto do paquete seco, que deben ser 40 ou 50g aprox (na foto xa está hidratado, e usei a metade do que se ve). Cebola, pode ser colorada ou branca, eu usei media ceboleta escasa 1 tomate Medio pemento colorado e medio verde 1 Zanahoria Unhas follas de cilantro ...

Cebola rechea de carne picada

Un invento máis. A verdade, non é que estea mal a comida, pero non sei eu se merecerá a pena o traballo que da.  INGREDIENTES Cebolas. Eu usei unha, que era un experimento. Carne: a suficiente para encher as cebolas que uses. Na da foto, sobrou carne. Allo: eu usei un par de culleradas do que teño picado e gardado en aceite. Salsa de tomate caseira. Viño branco (non sae na foto) Sal e pementa (tampouco na foto) TEMPO Unha hora, aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar a cebola e facer o oco para encher coa carne. Eu usei o descorazonador ou como centella se chame que sae na foto. Con que queden 2 capas basta. Eu quizás deixei algo de máis por medo a romper a cebola. Para que ablande algo, metemos a cebola nun cazo cun dedo de auga, e a lume medio uns 10-15 minutos bastan. Mentras a cebola ablanda, pasamos algo a carne. Boteille un pouco de allo, sal e pementa negra. Pensei picar e mesturar o que saquei da cebola, pero decidín deixalo para a salsa. Deixamos que atempere algo a c...

Sopas de allo

Din que "cuando el grajo vuela bajo, hace un frío del carajo y hay que comer sopas de ajo". Pois iso. Foi un experimento, era a primeira vez que as facía, e serán mellorables, pero a idea é esta. INGREDIENTES Allo. Por suposto ☺. Eu debín usar media cabeza. Pan duro de varios días Tacos de xamón Pementón (doce ou picante ou mestura) 2 ovos Caldo ou auga Aceite TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Eu empecei por tostar algo o pan duro. Probablemente non fixera falta, pero púxeno uns 5 minutos no forno a tope (o meu da 275ºC). Picamos o allo e botámolo na pota cun pouco de aceite Deixamos que se doure un pouco. E engadimos os taquiños de xamón. No meu caso eran frebas máis ou menos grandes peladas do óso, non fan falta lonxas decentes. Ah, e encima o meu era lacón, non xamón. Desde que o allo estea xa dourado e o xamón/lacón algo pasado, engadimos o pan.  Engadimos o pementón. Dámoslle unhas voltas para que o pementón vaia por todo o pan.  Non esperamos moito, que o pementó...