Saltar ao contido principal

Sargo á espalda con puré de patacas


Esta receta é de miña prima... e o sargo que cociñei tamén era dela, que foi quen o pescou e mo regalou (un par deles, de feito). Gracias, prima!

 INGREDIENTES

Aparte do sal, aceite, e eso que sempre se usa...
  • Un sargo de ración
Para o puré:
  • 3 patacas
  • unha xema de ovo
  • Un cachiño de manteiga ou margarina
  • Leite (esqueceume poñelo na foto)

PREPARACIÓN


 Primeiro hai que abrir o sargo tipo libro, de forma que quede aberto pero preso pola parte da espalda. De aí o nome da receta. Xa vedes na foto que eu son algo chapuzas para estes menesteres.


Poñemos un pouco de aceite nunha tixela. Eu comprei a da foto no Ikea hai uns meses porque estaba de oferta, e é moi cómoda. Ademais fai tipo parrilla no fondo ó telo ondulado.
 Bueno... pois hai salar un pouco o sargo (eu tamén lle moín algo de pimenta) e fritir/parrillear, cada un ó seu gusto. Como eu lle como a piel a moitos peixes, pois por ese lado normalmente eu pásoo bastante.

Para facer o puré de patacas, cocemos as patacas (bastante cocidas, anque se pasen non importa moito que son para puré :)) e pisámolas co tenedor. Se tedes pasapuré tamén vale,  pero eu estou tratando de non compralo para non ter outro cacharro máis ocupando sitio na cociña.

Alguén me dixo que unha xema de ovo lle daba untuosidade e gusto, e tamén algo de manteiga ou margarina, así que foi o que lle botei.


Revolvemos todo o mejunje.  Como vedes na foto, queda algo duro. Aquí é onde entra o leite, podedes ir engadindo canto queirades (a pouquiños e revolvendo ben) ata que teña a textura que queirades.


E finalmente... poñémolo no plato, e comemos.  Estaba bo.

Por suposto: non ten nada que ver un sargo pescado no mar co que se compre na pescadería!

Aquí queda a foto-finish ;)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Guiso de mellixóns con brócoli e patacas

Unha maneira distinta de comer mexillóns, que non sexa con patacas fritas como os belgas, pero tampouco ó vapor (que están moi bos, pero fai falta un quintal deles para cenar algo). Ademais, "os meus amigos do brócoli" igual entran ó trapo ... ou non.  En fin, aquí queda, manchei potas de máis, pero creo que valeu a pena. INGREDIENTES Para unhas 4-6 racións, depende dos comensais. O pemento e a salsa de tomate son opcionais, pero quedan moi ben (foron ideas a posteriori, así que non van na foto) 2 Kg de mexillóns Un brócoli de 1/2 Kg ou así (a ollo) Un par de patacas 2 dentes de allo media cebola Pemento verde ou colorado 3 ou 4 cucharadas de salsa de tomate.     TEMPO  Uns 45 minutos aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar e picar as patacas, e picar o brócoli. Por certo, que o toco pelado tamén sirve, e ten un sabor máis suave que os "arbolitos". Cocémolos (en auga ou ó vapor, como se queira) pero de forma que quede...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...