Saltar ao contido principal

Wok de anillas de calamar con verduras


Hala, xa empezo a poñer nomes raros nas recetas, je je...

INGREDIENTES

  • Anillas de calamar (uns 300 gramos)
  • Allos
  • Cebola (ou mellor aínda ceboleta)
  • Cenorias
  • Setas (eu usei champiñóns portobello)
  • Pementos
  • Brécol
Por suposto, as verduras cada un que escollas as súas. A min gústanme estas, e tamén me gustaban uns espárragos verdes que tiña na nevera pero esquencinme de botarllo, así que quedan para outra.

Para darlle un toque oriental, eu utlicei salsa de peixe, salsa de soja e vinagre de arroz. Esto encontreino todo nun supermercado chino. Gracias por dicirme que o había, sobriñas!

Hai que picar as verduras en cachos máis ou menos pequenos. Xa que vai ser comida tipo oriental, deberían ser dun tamaño axeitado para comer cos palillos, claro.

Aquí o "truco", se se lle pode chamar, consiste en ir botando antes as verduras que tarden máis en facerse.

Empezamos por dourar os allos (que non tardan máis, pero sí que ó dourarse dan un gusto especial). Como se ve na foto, uso unha tixela tipo wok (compreina na tienda dos chinos grande que hai cerca de Ribadeo, e  poñía que estaba feita en España). Como é grande e redondeada, axéitase ben para isto.


 
Logo botamos a cebola e o pemento. Deixamos que frita un pouco, e logo botamos un chisco de sal, para que "suden" algo. Non moito sal, que a salsa de peixe e a de soja teñen bastante.

Despois botei as anillas de calamares partidas en cachos. Vale, unha colóuseme enteira. Igual se podían botar antes que a cebola e o pemento. Penseino, pero decidín desta forma.

Logo bótaselle un chorro de salsa de soja e outro de salsa de peixe. Non sei se se aprecia na foto que aumentou o líquido do fondo, e que os calamares mourean algo polo color da salsa de soja. Cociñamos dous ou tres minutos.


Finalmente, botamos os champiñóns, a cenoria e o brécol.
Eu boteino todo xunto, pero probablemente fose mellor idea botar antes os champiñóns (estes son algo duretes), logo a cenoria, e máis tarde o brécol.


Deixamos que cociñe un pouquiño, e tapamos. Como podedes ver na foto, non teño tapas do tamaño da tixela esta, así que usei un viratortillas. Que, por certo, tampouco é grande dabondo. Pero como viratortillas é unha merda, así que ou o tiro dunha vez ou o uso para esto tendo coidado de non queimalo.

  

Para acabar, engadimos auga (igual se o deixamos a lume moi baixo non fai falta, pero eu tiña presa). Volvemos a tapar, e cociñamos durante aproximadamente 15 minutos, revolvendo de vez en cando. O tempo de cocción aquí é moi relativo. A min gústanme as verduras (en xeral toda a comida) pouco feitas, así que se che parece pouco tempo déixao máis ó lume.





E para acabar, botamos no plato, collemos uns palillos chinos, e a comer!


Comentarios

  1. Dixéronme que non podían comentar... pois eu probei pulsando no texto "Ningún comentario" e xa podo. Escribo o texto, selecciono comentar como anónimo, e voilà.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Lombo curado

Unha de charcutería. Igual me gusta máis do que debería, pero o que non me gusta habitualmente é o prezo do fiambre bo, e o lomo está habitualmente caro (e o solomillo máis, así que haberá que probar esta receta con solomillo tamén). E o non saber que lle botan, claro. INGREDIENTES Lombo de cocho. No meu caso, 1 Kg Sal gorda. Non pesei, pero sería 1 Kg tamén. Especias: pementón de la Vera, allo en polvo e pementa negra en polvo. 1 cullerada sopeira de cada. Xa sei que na foto saen "5 pimientas", pero ó final botei da negra. TEMPO Ata que quede currado, uns 21 días. Traballo a facer: 2 ou 3 minutos o primeiro día, 10 o segundo, e darlle a volta cada día levará 2 segundos. PROCESO Colle unha fiambreira algo máis grande que o lombo, pero non demasiado. Pon  un par de cm de sal no fondo, pon encima o lombo, e tapa con sal, asegurándote de que toda a carne queda cuberta. Méteo na nevera para que pase un día. Por certo, eu non saquei nada da graxa que tiña o lombo.Todo máis, se can...