O plato é medio estranxeiro raro, porque o curry é tailandés, pero o cuscús é máis ben moruno, e o peixe era galego. Pero a mestura con queda mal. INGREDIENTES Peixe. Eu usei 1 toro de corvina e 2 de pescada. Caldo ou auga. Eu usei auga de cocer chícaros (berberechos). Pasta de curry tailandés. Unha ceboleta Allo. Eu usei algo de allo mesturado con guindilla en aceite que fixera eu. Cuscús precocido. Sal e aceite (que non saen na foto). TEMPO Uns 25 minutos (os que pasaron entre a primeira e a última foto) PROCESO Empezamos por poñer a tixela ó lume cun pouco de aceite e o allo coa guindilla. Mentras quence, poñemos o cuscús nun bol e picamos a ceboleta en xuliana. Cando o allo doure un pouco, botamos a ceboleta e un pouco de sal para que vaia suando. Poñemos a lume medio para que non se queime. Fervemos auga (máis ou menos o mesmo volume que de cuscús), botámolo no cuscús e tapamos cun papel film. Hai xente que lle bota manteiga, ou aceite, ou pocha unhas verduras (...