Saltar ao contido principal

Publicacións

Caldeirada de raia

INGREDIENTES Para cocer Unha ala de raia Patacas  Cebola Sal Para a allada (parte deles non están na foto) Allos Aceite Pementón doce Unto (opcional) Guindilla (opcional) Vinagre (opcional) TEMPO: Uns 25 minutos PROCESO: Pelamos e picamos as patacas (eu fixen rodas) e a cebola e poñemos a cocer. Eu utilicei media ceboleta porque non tiña máis. De ter, usaría unha cebola grande ou 2 pequenas. Apuntamos cando empeza a ferver porque ós 12 minutos ou así hai que engadir a raia. Partimos a raia en catro cachos e imos preparando o tema para facer a allada. Podemos botarlle xa un pouco de sal á raia. Hai a quen lle gusta con pementa tamén, pero eu decidín non botarlla.     Botamos algo de aceite nunha tixela e poñemos o allo, a guindilla se nos gusta, e o unto.    Eu utilicei allo con guindilla que tiña nun bote, xa picado e macerando en aceite (e usei parte do aceite do bote).   Persoalmente, nunca usara antes unto nunha allada (nin o vira, pero revisando algunha...

Curry tailandés de peixe con cuscús

  O plato é medio estranxeiro raro, porque o curry é tailandés, pero o cuscús é máis ben moruno, e o peixe era galego. Pero a mestura con queda mal. INGREDIENTES Peixe. Eu usei 1 toro de corvina e 2 de pescada. Caldo ou auga. Eu usei auga de cocer chícaros (berberechos). Pasta de curry tailandés.  Unha ceboleta Allo. Eu usei algo de allo mesturado con guindilla en aceite que fixera eu. Cuscús precocido. Sal e aceite (que non saen na foto).   TEMPO Uns 25 minutos (os que pasaron entre a primeira e a última foto) PROCESO Empezamos por poñer a tixela ó lume cun pouco de aceite e o allo coa guindilla. Mentras quence, poñemos o cuscús nun bol e picamos a ceboleta en xuliana. Cando o allo doure un pouco, botamos a ceboleta e un pouco de sal para que vaia suando. Poñemos a lume medio para que non se queime. Fervemos auga (máis ou menos o mesmo volume que de cuscús), botámolo no cuscús e tapamos cun papel film. Hai xente que lle bota manteiga, ou aceite, ou pocha unhas verduras (...

Sopa de miso (máis ou menos)

Nota a posteriori aínda que vaia de primeiro párrafo: O que eu pensei que era pasta de miso (o que me deron cando o pedín) era realmente doenjang, que non é exactamente o mesmo. Pero non vou borrar a receta, porque o proceso e o resto do material é correcto.  A sopa de miso é orixinaria de Xapón. O miso é unha pasta de soia fermentada. Hai variedades, como en todas as recetas. Aquí vai unha que penso que se acerca á máis "lexítima". Por suposto que hai quen di que é moi simple, coller dashi (caldo de peixe) e remexer pasta de miso, e hala. Pero non é o habitual.  Hai bastantes ingredientes "raros" que non se consiguen en calquera sitio. Ó final da receta poñerei ingredientes diferentes contando algo sobre eles. INGREDIENTES De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Alga wakame, como unha cullerada 2 ou 3 Shiitake (eu usei un deshidratado) Katsuobushi (bonito seco afumado en láminas moi finas), como unha taza. Ceboleta e allo tenro (para poñer ó final en crú) Unha...

Mutabal (que non é Baba ganoush)

Empecei hai tempo esta receta con "O baba ganoush é aparentemente similar ó hummus...". Pois vale, non era. Esto é unha receta de Mutabal. O baba ganoush non leva tahini. Así que o mutabal é similar ó hummus (a miña receta aquí ), pero cambiando o ingrediente básico do hummus (garavanzos) por berenxenas. O máis orixinal non usa forno, queiman a berenxena directamente encima do lume (en cociña de gas, por exemplo). Disque lle da un toque afumado ou queimado que é interesante. Eu non teño cociña de gas, así que foi ó forno.   INGREDIENTES 2 Berenxenas 2-3 chulleradas sopeiras de Tahine (non está na foto dos ingredientes, pero é fundamental) Varios dentes de allo (según gustos) Limón (para relar pel e algo de zume) 1 cullerada de postre de sal 1/2 cullerada de postre de comino Aceite de oliva (1-2 culleradas)   TEMPO Unha hora ou así  para facelo, logo recomendan meter na neveira un par de horas máis. PROCESO Empeza por encender o forno para telo prequentado a 200 grados. C...