Saltar ao contido principal

Publicacións

Mexillóns con pasta de curry tailandés

a A receta ocorréuseme sen mirar por ningún sitio, pero despois busquei por internet e é unha receta tailandesa. Así que non inventei nada, pero están bos. Iso sí, poida que piquen algo (dependería tamén do tipo de curry usado). INGREDIENTES Mexillóns. Eu usei 1 K Pasta de curry thai, como unha cullerada sopeira Unha lata de leite de coco Media ceboleta 2 dentes de allo aprox. Eu usei unha cullerada dun allo que tiña picado e en aceite. Medio vaso de viño branco Aceite Sal     TEMPO Media hora máis ou menos. Os mexillóns cocen en 4 minutos, a salsa co curry depende do que lle queiras deixar. PROCESO Aínda que hai xente que abre os mexillóns na salsa do curry, eu prefereín facelo por separado.Así, se ves algún mexillón que non abre ou ten mala pinta, pode retirarse. Así que primeiro cocín os mexillóns, botando medio vaso de viño branco (nada de auga). Desde que levanta a fervedura, un non chegou a catro minutos (tamén se ve se están abertos ou non). Unha vez cocidos, esper...

Coscos (caracoles) en salsa picante

Cornu aspersum . Caracol. Cosco no meu pobo. Non sei se é un localismo de Barreiros, da Mariña de Lugo, ou de onde. Pero se digo "cosco" fóra de aquí non me entende nin Deus. En calquera caso, estaban invadíndome a casa, así que decidín cociñalos. O problema máis grande de cociñar coscos é limpalos, tanto a merda como as babas. Logo, cocelos e metelos nunha salsa que pique e que leve chourizo, xamón, panceta... algo consitente.     INGREDIENTES  Coscos: eu apañei cerca de 2 Kg, que van mermando. Xamón curado. Panceta. Chourizo. Allo (eu tiña allo picado que conservo en aceite). Unha cebola mediana. Pemento. Eu tiña unhas tiras de pemento verde. Guindilla. Eu tiña fresca, pero seca tipo cayena tamén sirve. Salsa de tomate. Eu tiña un bote caseiro. 2 follas de loureiro. Unhas ramas de tomiño Un vaso de viño branco Aceite Sal Paciencia. Si. Ingrediente fundamental. Os ingredientes non saen todos na foto. Tampouco puxen cantidades. Para o tema da carne acabei usando chourizo ...

Caldeirada de raia

INGREDIENTES Para cocer Unha ala de raia Patacas  Cebola Sal Para a allada (parte deles non están na foto) Allos Aceite Pementón doce Unto (opcional) Guindilla (opcional) Vinagre (opcional) TEMPO: Uns 25 minutos PROCESO: Pelamos e picamos as patacas (eu fixen rodas) e a cebola e poñemos a cocer. Eu utilicei media ceboleta porque non tiña máis. De ter, usaría unha cebola grande ou 2 pequenas. Apuntamos cando empeza a ferver porque ós 12 minutos ou así hai que engadir a raia. Partimos a raia en catro cachos e imos preparando o tema para facer a allada. Podemos botarlle xa un pouco de sal á raia. Hai a quen lle gusta con pementa tamén, pero eu decidín non botarlla.     Botamos algo de aceite nunha tixela e poñemos o allo, a guindilla se nos gusta, e o unto.    Eu utilicei allo con guindilla que tiña nun bote, xa picado e macerando en aceite (e usei parte do aceite do bote).   Persoalmente, nunca usara antes unto nunha allada (nin o vira, pero revisando algunha...

Curry tailandés de peixe con cuscús

  O plato é medio estranxeiro raro, porque o curry é tailandés, pero o cuscús é máis ben moruno, e o peixe era galego. Pero a mestura con queda mal. INGREDIENTES Peixe. Eu usei 1 toro de corvina e 2 de pescada. Caldo ou auga. Eu usei auga de cocer chícaros (berberechos). Pasta de curry tailandés.  Unha ceboleta Allo. Eu usei algo de allo mesturado con guindilla en aceite que fixera eu. Cuscús precocido. Sal e aceite (que non saen na foto).   TEMPO Uns 25 minutos (os que pasaron entre a primeira e a última foto) PROCESO Empezamos por poñer a tixela ó lume cun pouco de aceite e o allo coa guindilla. Mentras quence, poñemos o cuscús nun bol e picamos a ceboleta en xuliana. Cando o allo doure un pouco, botamos a ceboleta e un pouco de sal para que vaia suando. Poñemos a lume medio para que non se queime. Fervemos auga (máis ou menos o mesmo volume que de cuscús), botámolo no cuscús e tapamos cun papel film. Hai xente que lle bota manteiga, ou aceite, ou pocha unhas verduras (...