Saltar ao contido principal

Tortilla de sesos



É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho.

Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :)

INGREDIENTES

  • Os sesos dun cocho
  • 2 ovos
  • Sal e/ou pimenta ó gusto



TEMPO

Menos dun cuarto de hora

PROCESO

Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda. 

Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos.


Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto.


E só queda facer a tortilla de forma normal. Primeiro a lume algo forte para que faga algo de costra, logo a  lume máis baixo para que calle todo.


Viramos a tortilla coa axuda dunha tapa dunha pota, ou un prato, ou o que sexa. Eu os "viratortillas" de plástico non os uso, non me arreglo.

E finalmente: ó prato, e á barriga. 


Comentarios

  1. Cando se mataba na miña casa diputabamolos miña nai e mais eu... Pero simplemente cocidos cun pouco de cebola.

    ResponderEliminar
  2. na miña no caldo creo recordar,e creo que en tortilla tortilla tamen..pero e una delicatesen que creo que eu solo soportaria si a fame apretara....

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...