Saltar ao contido principal

Publicacións

Wok de anillas de calamar con verduras

Hala, xa empezo a poñer nomes raros nas recetas, je je... INGREDIENTES Anillas de calamar (uns 300 gramos) Allos Cebola (ou mellor aínda ceboleta) Cenorias Setas (eu usei champiñóns portobello) Pementos Brécol Por suposto, as verduras cada un que escollas as súas. A min gústanme estas, e tamén me gustaban uns espárragos verdes que tiña na nevera pero esquencinme de botarllo, así que quedan para outra. Para darlle un toque oriental, eu utlicei salsa de peixe, salsa de soja e vinagre de arroz. Esto encontreino todo nun supermercado chino. Gracias por dicirme que o había, sobriñas! Hai que picar as verduras en cachos máis ou menos pequenos. Xa que vai ser comida tipo oriental, deberían ser dun tamaño axeitado para comer cos palillos, claro. Aquí o "truco", se se lle pode chamar, consiste en ir botando antes as verduras que tarden máis en facerse. Empezamos por dourar os allos (que non tardan máis, pero sí que ó dourarse dan un gusto especial...

Sargo á espalda con puré de patacas

Esta receta é de miña prima... e o sargo que cociñei tamén era dela, que foi quen o pescou e mo regalou (un par deles, de feito). Gracias, prima!  INGREDIENTES Aparte do sal, aceite, e eso que sempre se usa... Un sargo de ración Para o puré: 3 patacas unha xema de ovo Un cachiño de manteiga ou margarina Leite (esqueceume poñelo na foto) PREPARACIÓN  Primeiro hai que abrir o sargo tipo libro, de forma que quede aberto pero preso pola parte da espalda. De aí o nome da receta. Xa vedes na foto que eu son algo chapuzas para estes menesteres. Poñemos un pouco de aceite nunha tixela. Eu comprei a da foto no Ikea hai uns meses porque estaba de oferta, e é moi cómoda. Ademais fai tipo parrilla no fondo ó telo ondulado.  Bueno... pois hai salar un pouco o sargo (eu tamén lle moín algo de pimenta) e fritir/parrillear, cada un ó seu gusto. Como eu lle como a piel a moitos peixes, pois por ese lado normalmente eu pásoo bastante. Para facer o pu...

Croquetas de churrasco

Xa facía que non escribía... esta é outra receta de aproveitamento, claro :) Como o churrasco requente a min non me gusta demasiado, pois probei a ver que tal sabían as croquetas feitas coas sobras. E non están mal, non. INGREDIENTES Churrasco que sobrou da comida (había 8 ou 10 costelos) Perexil (opcional) Para a bechamel 3 culleradas de Fariña 3 culleradas de aceite e/ou manteiga Sal 3/4 de libro de leite aproximadamente Para o rebozado Fariña Ovos (2 ou 3) Pan relado PREPARACIÓN A preparación é igual que o resto das croquetas, pero como cada un as fai como quere, pois aquí vai como as fixen eu. Para empezar,sacamos a carne das costelas e picámolas. Eu usei o accesorio picador dunha batidora, e botei un pouco de perexil polo medio, pero todo é opcional. Para facer as croquetas, o fundamental é facer a bechamel, e que quede bastante consistente, se non á hora de facer as croquetas desfaise todo. Pero o proceso é similar ó que expliquei para a bechame...

Panpizza rápida

Esta é unha receta rápida de panpizza . É como unha pizza, pero en vez de facer unha base con masa utilizamos pan. INGREDIENTES Unha chapata Aceite de oliva Salsa de tomate Queixo Xamón (tamén sirve panceta  e/ou chourizo) Orégano PREPARACIÓN Cortamos a chapata como se fósemos facer un bocadillo. Xa podemos ir facendo toda a montaxe na bandexa que vai ir ó forno. É moi recomendable usar un papel de fornear e non poñer o pan directamente sobre a placa (deste xeito sae máis crocante). Poñemos un pouco de aceite de oliva  Cubrimos con salsa de tomate  Relamos queixo abundante encima (non recordo que queixo era, pero con queixos como o parmesano sae ben potente de sabor)  Poñemos o xamón e/ou panceta e/ou chourizo encima. Aquí os ingredientes poden variar o que queiramos. Se queres marisco, ou se queres piña (eu non!) tamén podes usalo. Remata poñendo orégano. Se non cheira a orégano, non é pizza ;)  Gratina no forno durante uns 10 ...

Tempura de verduras e langostinos

Esta vez non é unha receta de aproveitamento, todo foi comida nova :) Quería facer algo usando tempura, e escollín verduras e langostinos. INGREDIENTES Estes ingredientes usáronse para 2 persoas. 250 gramos de langostinos 2 cenorias Medio pemento verde Medio pemento vermello 3 champiñóns 3 espárragos verdes Medio calabacín Para facer a tempura Fariña de arroz  Auga moi fría  Como acompañamento Salsa de soia  PREPARACIÓN  Primeiro hai que trocear as verduras e pelar os langostinos deixando a puntiña do rabo como se ve na foto. As verduras deben quedar en cachos bastante pequenos, "de bocado". Se os comes cos palillos chinos, que poidas meter cada cacho na boca. Eu neste caso piquei o calabacín demasiado grande, e por iso non quedou demasiado cociñado. Hai que ter en conta que a fritura vai ser bastante rápido, polo que todo vai quedar bastante al dente. Na imaxe hai unha mostra de como foi troceado. Logo, hai que facer a tempura, que ...