Saltar ao contido principal

Publicacións

Fiambre de pavo

  Esta vai de fiambre natural de peituga de pavo. Probei a facela máis que nada porque cando vou ó súper e vexo cousas como "52% de pavo/porco/oquesexa" pois como que me cabreo, porque a outra metade son merdalladas. Pode facerse ó forno (unha amiga fíxoo ó sal no forno) ou cocido, que foi o que fixen eu. INGREDIENTES Unha peituga de pavo As especias que che gusten ou apetezan. Eu puxen Sal Allo en polvo Pementa negra Comino Tomiño Pimentón de la Vera (dulce) TEMPO Un par de horas (hai repouso polo medio) PROCESO O primeiro é mesturar as especias e "rebozar" a peituga na mestura. Despois envólvese nun film e déixase repousar un tempo na neveira. Eu deixeino unhas catro horas, pero con media chegaría. Despois hai que conseguir cocelo sen que lle toque a auga. Eu teño unha máquina de envasar ó baleiro, pero se non se ten pode meterse en algún tipo de bolsa e máis film. A cocer, unha hora e sen que chegue a ferver. Despois sácase da auga e déixase atemperar ou enfriar,...

Mexillóns á buzara

  Receita croata de mexillóns en salsa. É unha das múltiples variantes que vin en varios vídeos. Algunha outra dixéronme que só levaba aceite, allo, perexil e pan relado... supoño que tamén viño. Pero en internet vin máis de media ducia de variacións, así que non sei se isto é "correcto". Tampouco me preocupa. INGREDIENTES 1 Kg de mexillóns Un tomate maduro, relado. Unha ceboleta, relada Allo: eu usei como medio chupito de allo picado que teño en aceite Perexil. Seco porque non tiña do fresco, unha lástima. Un vaso de viño branco     TEMPO  20 minutos escasos. PROCESO Empezamos por limpar os mexillóns e cocelos. Eu non collo un coitelo para rascar as cascas e deixalas limpísimas, paréceme unha bobada. Están limpos, pois xa. Menos estéticos? Que ben. Para cocelos eu puxen un dedo de viño branco no fondo da pota, e cocín ata que estiveron abertos. Logo escurrinos (gardei a auga e conxeleina, que para un arroz vai bárbara). Para a salsa: empezamos porpoñer un pouco de a...

Hamburguesa de bonito

    Unha forma diferente de comer bonito. Como non o pasei demasiado, e leva cebola mesturada co bonito, estaba xugoso. Polo tema do anisakis, ó estar pouco feito, eu neste caso non teño problema porque tiña o bonito conxelado.   E con pan, pan. Non esa trangallada embolsada que lle chaman pan de hamburguesas. INGREDIENTES Bonito, un toro pequeno (ben se ve ó lado da culler sopeira) Unha cebola mediana Allo, eu usei unha cullerada sopeira de allo picado que teño en aceite  Unha cullerada de perexil seco (non está na foto), porque non o tiña verde Tomate Leituga Sal Pan. Do de verdade (de Carral neste caso)  Tampouco sae na foto: un pouco de vinagreta (metade aceite, metade vinagre) e fixen unha salsa con maonesa, sriracha de pementos de Padrón, e mostaza antiga.   TEMPO Uns 20 ou 25 minutos. PROCESO Empezamos por picar a cebola (eu usei tres cuartos da da foto) en cachos grandes, sacar a carne do bonito sen espiñas nin pel, engadir un pouco de perexil, e u...

Rolo de bonito en salsa de curry tailandés

Xa sei que o normal é facer o rolo de bonito con salsa de tomate, pero a min gústame o curry, así que foi así. E, xa de postos, tampouco sei por que lle chaman rolo ou rollo de bonito cando de rolo non ten nada. É basicamente unha albóndiga gorda e estirada... en fin. INGREDIENTES Para o rolo: Bonito: pesoume uns 320g unha vez picado Cebola: uns 60g Pemento colorado: uns 60g Allo: eu usei allo picado con aceite, unha cullerada sopeira 2 ovos Pan relado, unhas 8 culleradas. Unha alternativa moio frecuente é usar molo de pan vello amolecido en leite. Sal e aceite Para rebozar usei 2 ovos máis e un prato de fariña. Para o curry Cebola picada fina, un par de culleradas. Curry. Eu usei tailandés, unha cullerada sopeira. Leite evaporado. Tamén se pode usar leite de coco, pero dalle un toque demasiado doce. Caldo de peixe (de cocer a cabeza e unhas espiñas do bonito), unha cunca. Para acompañar: unha cunca de arroz para cocer en branco.   TEMPO Unha hora e cuarto aproximadamente. PROCESO ...

Tapenade (paté de aceitunas)

   Outra receta-non receta de mezclar e batir. O patenade é un paté de aceitunas con algún engadido, supostamente orixinario de Francia. O máis habitual (o que fixen) é de aceitunas negras, pero tamén o hai de aceitunas verdes. Esta receta é unha mestura de varias que atopei por internet, porque non hai uniformidade en absolutamente todos os ingredientes. INGREDIENTES 1 bote de aceitunas negras sen óso (eran 150g peso neto escurrido). Allo: eu tiña allo picado en aceite e usei unha cullerada de postre. Serían 2 dentes. Unha cullerada de postre de alcaparras.  Media cullerada de postre de tomiño. Anchoas: eu usei 3 filetes. Zume de limón: 1-2 culleradas sopeiras (non o medín). Aceite: 2-4 culleradas sopeiras. Nota: Non se usa sal, porque entre o que traen as aceitunas e a anchoa xa vai de sobra.   TEMPO Menos de 10 minutos PROCESO Poñemos todos os ingredientes no accesorio picador da batidora. Se non tes, supoño que batidora normal ou de vaso tamén sirve. De aceite bo...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...